Cities: Skylines terá versión para Quest 2
venres, 3 de decembro do 2021
O videoxogo de construcción de ciudades Cities: Skylines leva dende 2015 acumulando éxitos en ordenadores persoais e consolas de videoxogos da anterior xeración, e agora están a preparalo para dar un importante salto a nivel de experiencia e inmersión, xa que adaptarase á realidade virtual dos cascos Meta Quest 2 (antes chamados Oculus Quest 2).
Esta nova versión do xogo chamarase Cities: VR e chegará ao mercado na primavera de 2022, facilitándonos a experiencia de construción e xestión de cidades dun xeito envolvente, de xeito que poderemos sentir máis real o deseño de barrios, a construción de edificios, os fluxos do tráfico... mentres xestionamos a economÃa, os servizos de emerxencia e moitos outros detalles que xa coñeciamos de Cities: Skylines.
ConstruÃr a nosa cidade ideal será unha experiencia moito máis inmersiva, permitindo que vexamos dun xeito impresionante como a urbe que creemos vai cobrando vida.
Tráiler de presentación de Cities: VR