Comeza a campaña de reparto de 300.000 lectores de DNIe
xoves, 1 de outubro do 2009
Dende Código Cero estamos a
colaborar coa campaña iniciada por Red.es (organismo dependente do Ministerio de Industria) a través da empresa Tractis para
achegar ao público dende hoxe e ata fin de existencias uns 300.000
lectores de DNI electrónico que serán entregados por só 2 euros en
concepto de gastos de envÃo, que poderán pagar mediante tarxeta de crédito ou
Paypal (método de pagamento que foi desactivado temporalmente por certos
problemas detectados). Na campaña tamén participan coma patrocinadores Jazztel, Acens e Caixa Galicia.
Nuns dÃas comezarán a remitirse os lectores USB por correo postal ordinario (o
paquete é bastante reducido, de xeito que poderá introducirse nas caixas de
correo habituais sen problema) e os modelos a distribuÃr serán 3 (Gemalto PC Twin, SCM SCR 3310 e Costar US777-A Slim) que aseguran que son multiplataforma, operando nos
sistemas operativos Windows, Linux e Mac OS X.
Os interesados en solicitar un destes dispositivos de lectura de DNI
electrónico só teñen que introducir
os seus datos nun formulario web, ao que poden acceder a través do
botóns publicitarios que incluÃmos na nosa páxina web e no noso boletÃn
electrónico para dar a coñecer amplamente esta iniciativa.
Os dispositivos distribuÃdos facilitan o uso do DNIe no noso ordenador, de
xeito que poderemos dicir adeus ao vello sistema de sinatura electrónica (que
precisaba da descarga dun certificado dixital que habÃa que validar en persoa)
para identificarnos coa Administración empregando directamente o noso documento
nacional de identidade, o que resulta especialmente práctico no caso de
ordenadores compartidos (xa que os certificados electrónicos serÃan de quita e pon, mellorando a súa seguridade).
Polo momento este tipo de identificación é válido para realizar trámites ante a
Axencia Tributaria e outras administracións, pero no futuro poderÃa servir para
o acceso a moitos outros servizos, entre os que poderÃan incluÃrse as entidades
bancarias (que tamén aceptarÃan o DNIe nos seus caixeiros automáticos) e
distintas plataformas de comercio electrónico.

- Tractis anunciou que distribuirá os lectores Gemalto PC Twin, SCM SCR 3310 e Costar US777-A Slim
