Comeza a distribución que permite actualizar o HTC Hero a Android 2.1
venres, 4 de xuño do 2010
Os usuarios de móbiles HTC Hero levan meses queixándose do abandono que
están a padecer por parte do fabricante dos seus terminais, que non cesaba de
anunciar demoras no lanzamento dunha actualización do sistema operativo do
móbil a Android 2.1, que finalmente comezou
a distribuÃrse hoxe, cando outros móbiles xa teñen dispoñible o Android
2.2.
Esta actualización do HTC Hero a Android 2.1 está a distribuÃrse agora mesmos
en Taiwán, pero é de agardar que nas vindeiras semanas estea dispoñible no
resto de mercados nos que se comercializa este terminal, e aÃnda que é posible
descargar a actualización a través de banda larga móbil, recomendan facer tal
dende Wi-Fi, para unha operación máis rápida e evitar custos excesivos pola
transferencia de datos.
