Comeza a edición 2010 do Reto Panda
martes, 13 de xullo do 2010
Por
segundo ano consecutivo, PandaLabs, o laboratorio antimalware de Panda Security que traballa para detectar aqueles
exemplares de correo malicioso que consiguen burlar as solucións de seguridade
máis evolucionadas, vén de convocar unha nova edición do seu Reto Panda, un concurso en liña que pon
a proba o enxeño dos internautas máis intrépidos e espabilados da Rede.
Trátase
dunha proba na que os concursantes teñen que descifrar a solución a dúas probas
prácticas que se publicarán no Blog de PandaLabs: na
primeira, os usuarios poderán descargar un xogo e terán que facer un keyfile, para poder xogar ao mesmo;
mentres que na segunda, os participantes teñen que buscar unha “licenza válida” para un programa.
O vindeiro sábado 17 de xullo ás 9:00
horas publicarase o primeiro reto e as persoas interesadas en descifralo
poderán enviar as súas solucións ata o luns 19 de xuño ás 17:00 horas.
O segundo reto publicarase a seguinte fin
de semana, o sábado 24 de xullo á mesma hora, e para este terase que enviar a
solución antes do luns 26 de xullo.
Este concurso, que na súa primeira
edición tivo unha grande acollida, chegando a rexitrar un ratio de participación de máis de 4.000 persoas de diferentes
nacionalidades e de perfil técnico alto, está aberto á tódolos internautas do
mundo, sin que teñan que rexistrarse previamente nin cumprir ningún requisito.
Gañará aquel concursante que envíe a
solucións máis rapidamente á dirección: pandachallenge@pandasecurity.com.
Todas as persoas interesadas en
participar, as cales poderán seguir e interactuar entre eles en Twitter
empregando o hashtag #PC2010,
atoparán información de utilidade acerca das novidades do concurso no Blog de PandaLabs.
