Comeza a súa andaina a aposta estatal do Grupo Euskaltel baixo a marca Virgin Telco
mércores, 20 de maio do 2020
O
Grupo Euskaltel, do que forma parte a compañía galega R, comezou
este mércores 20 de maio o seu espallamento nacional alén do seu
ámbito tradicional de actividade no terzo norte da Península:
Euskadi (a través da marca Euskaltel), Asturias (a través de
Telecable) e Galicia (a través de R). A
marca coa que vai operar a nivel estatal, Virgin Telco, irrompe no
mercado un ambicioso obxectivo de negocio: abranguer o 85% do mercado
español no que aínda non está presente.
José
Miguel García, conselleiro delegado do Grupo Euskaltel, no que está
integrado o operador galego R, presentou este mércores en rolda de
prensa os primeiros pasos da compañía como operador nacional, un
operador “disposto a competir no mercado das telecomunicacións
mediante unha oferta de servizos avanzados de calidade, baixo unha
marca de recoñecido prestixio”, dixo, poñendo en valor os máis
de 20 anos de experiencia do grupo e os 800.000 clientes que
depositan nel a súa confianza.
“Este
paso”, dixo, “supón un fito histórico para a compañía, que ve
cumprido así o obxectivo de ofrecer os seus servizos avanzados de
telecomunicacións a todo o mercado español”. O Grupo Euskatel,
que sería o único operador estatal descentralizado (que ten o seu
centro de decisión fóra de Madrid, “mantendo o seu arraigamento
cos territorios onde comezou a súa andaina”), mostrou a súa
previsión de conseguir en cinco anos que o 40 % dos ingresos totais
procedan do negocio correspondente a Virgin Telco, isto é, uns 520
millóns de euros.
Vídeo promocional de Virgin Telco