Comezou o #RetoEmprego30Días coa influencer Eva Porto

luns, 2 de maio do 2022 Anxo Sesto

Máis de 11.000 persoas tomaron parte no #RetoEmprego30Días promovido pola Xunta de Galicia (Consellería de Emprego) en colaboración coa experta galega en recursos humanos e influencer Eva Porto, co obxectivo de contribuír á súa empregabilidade con desafíos diarios de 15 minutos durante un mes. O programa é gratuíto para as persoas participantes, comezou este vindeiro 1 de maio, será en liña e rematará o 30 deste mes.
Entre outras temáticas, o programa incluirá tanto retos sobre currículum vitae, entrevistas de traballo, uso de Linkedin e portais de emprego; como un servizo de orientación laboral que formará ás persoas participantes sobre chaves de éxito na busca de emprego ou a resistencia perante á adversidade.
O desafío vén da man da Xunta de Galicia a través da Fundación Pública Galega de Formación para o traballo e da influencer Eva Porto, que o pasado xaneiro comezou o programa con máis de 13.000 persoas inscritas que amosaron unha satisfacción case máxima. O Goberno galego promociona, a través deste modelo orixinal e adaptado ás novas linguaxes, as chaves para acceder e destacar nun emprego, nun momento no que as demandas de man de obra se atopan en continua evolución.

PUBLICIDADE