Completado o acceso a redes de 100 Mbps noutros 19 centros educativos galegos
luns, 25 de novembro do 2013
A
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
informou
esta fin de semana que xa
completou, nos tres últimos meses, a implantación de redes de nova
xeración con 100 Mbps en 19 centros da Consellería de Cultura das
catro provincias. Deste
xeito,
engade
a Axencia,
“en Galicia son xa 219 os centros educativos aos que se lles
facilitou o acceso a esta tecnoloxía no último ano grazas ao Plan
de Banda Larga da Xunta”. A
maiores, AMTEGA duplicou a velocidade de suba en tódolos centros con
conexións ás redes NGA, que pasan de 5 a 10 Mbps de velocidade.
“A
implantación de redes de 100 Mbps”, informa
a Axencia,
“permite multiplicar por 10 a velocidade de baixada e,
deste xeito, o
alumnado pode ter un acceso máis efectivo á Rede, sen esperas ou
contratempos; pode conectarse simultaneamente un maior número de
usuarios e permite o funcionamento de máis aplicacións informáticas
cun tempo de resposta axeitado”.
A
mellora da conectividade dos centros educativos é
unha medida que xorde do
Plan de Banda Larga de Galicia, posto
en marcha pola Xunta, que
contempla entre as súas actuacións, e en colaboración co operador
R, a extensión destas redes de nova xeración (NGA) coas velocidades
máis punteiras.
