Confirmado: as SMS empeoran a nosa ortografía
xoves, 3 de xuño do 2010
Cantas veces non teremos lido, ou
máis ben descifrado, mensaxes de texto ao móbil do tipo de, “nn speres m8, q tou en Stgo e tardo”, “qt m8,dnd stas?” ou “flicidads,disfrta m8 e q cmprs m8s +”… trátase
de usuarios e usuarias de telefonía móbil que, a fin de non superar os 160
caracteres que permite cada mensaxe de texto en telefonía (ou de non perder nin
un segundo das súas vidas escribindo como é debido), prescinden de letras e
máis letras ata facer incomprensible ata o máis doado de entender.
Isto se cadra podería ter arreglo
se as compañías ampliaran o número de caracteres permitidos (aínda que non está
demostrado xa que a vagancia pódelles a moitos usuarios) pero o que non tén
remedio son as continuas faltas de ortografía que se cometen e que se acaban
convertendo nun costume difícil de quitar.
Segundo un estudo publicado pola
consultora Prince&Cooke, “o 97 por
cento das persoas usuarias de telefonía móbil envía e recibe mensaxes de texto
a diario”, e o 27 por cento das mesmas, é dicir, 3 de cada 10, admiten
alterar a súa ortografía cometendo erros que escandalizarían a calquera dos
nosos mestres da escola.
A porcentaxe increméntase ata o
38 por cento nos menores de 25 anos e baixa ata o 19 por cento nos maiores de
45; asemade, acentúase aínda máis se as persoas usuarias pertencen a clases
sociais con menor acceso á educación.
Por norma xeral, nas mensaxes de
texto, as palabras acúrtanse e reemprázanse unhas letras por outras, por
exemplo o q polo k, o c polo k…; o
h xa se elimina por completo; e as preposicións soen subsituirse por signos
matemáticos como x, en lugar de por, +
en lugar de máis ou – en lugar de menos.
Por descontado, de todos é sabido
que os acentos apenas se usan nos SMS e que a palabra que, xa pasou definitivamente a ser simplemente un q.
En definitiva, e tal e como
podemos comprobar, escribir mal e sen complexos e máis doado, hoxe en día, que
estudar para escribir mellor, ou pararse uns minutos a escribir poñendo
atención no que facemos.
