Confusión en Instagram ante o futuro cambio na orde das publicacións
luns, 28 de marzo do 2016
Durante os últimos dÃas unha vaga de imaxes está a asolagar
Instagram con usuarios pedindo as seus seareiros que activen as notificación
dentro da aplicación para poder seguir accedendo aos seus contidos ante o inminente
abandono da orde cronolóxica á hora de presentar a aplicación de Instagram as
imaxes, xa que pasarÃan a ordenarse en función do interese do usuario polos
contidos de certos usuarios e non pola hora de publicación, evitando asà que se
perdesen instantáneas interesantes (xa que estiman que a meirande parte das
imaxes ás que un usuario está subscrito non chegan a verse).
Sobre dicir que a reacción dos usuarios de Instagram é totalmente
desproporcionada, e instar a activar as notificacións (un xeito moi intrusivo
de recibir os contidos) non é a resposta para evitar perder visualizacións no
futuro, sendo a solución correcta a busca de interacción cos usuarios pois,
pese ao que están a soster algúns coa campaña na que instan a recibir
notificacións das actualizacións das nosas contas de Instagram favoritas, xa
que non é certo que os contidos de celebridades e marcas cheguen a desaparecer,
senón que simplemente saen en distinta orde, e os usuarios que normalmente non
verán un contido serán os que historicamente non amosasen interese por ese tipo
de imaxe ou vÃdeo.
Amais, dende Instagram saÃron á palestra para asegurar que están atentos á
resposta dos usuarios e insisten en que o cambio anunciado aÃnda non se está a
aplicar, dando conta de que avisarán cando
os cambios sexan efectivos. O que polo momento está claro é que Instagram
non está a seguir a mesma polÃtica que Facebook (que agocha boa parte dos
contidos das marcas que gustan aos usuarios agás que estas paguen pola súa
promoción) senón que simplemente está a preparar un algoritmo para que as
primeiras imaxes que vexa un usuario sexan do seu interese, contribuÃndo asà a
manter o interese na aplicación que comeza a ter problemas para manter o seu
crecemento. Podemos dicir asà que a
campaña que insta a activar as notificacións é deshonesta e busca aproveitar a
confusión para que certas contas de usuario melloren o seu impacto.
