Consideran legal nos EE.UU. facer jailbreak aos móbiles
mércores, 28 de xullo do 2010

- Proceso de liberación dun iPhone
Coa chegada dos smartphones chegou un novo sistema de liberación de móbiles que, en vez de
desligalos da súa operadora de telecomunicacións, permiten a manipulación total
do seu software para, por exemplo, instalar aplicacións non autorizadas polo seu
fabricante. Esta práctica coñécese coma jailbreak
(especialmente no caso do iPhone) ou facer root
no caso de móbiles con Android, e aÃnda que pode servir para piratear aplicacións, o feito de que
sirva para evitar o veto de aplicacións coma é habitual en compañÃas coma Apple
serviu para que nos EE.UU. a Biblioteca do Congreso (encargada de supervisar a
Oficina do Copyright) ditaminase a petición da EFF (Fundación Fronteiras Electrónicas) que non supón unha infracción da
Digital Millennium Copyright Act (DMCA). Tamén consideran lÃcito que
os consumidores liberen os seus móbiles do operador a través do que o adquirisen, asÃ
coma o feito de extraer vÃdeo de pelÃculas en DVD para a produción de obras sen
ánimo de lucro ou cando non se violen os dereitos de autor (considerándose coma
un mal necesario o feito de ter que violar a protección DRM dos discos
orixinais).
AÃnda que moitos
estean a asegurar que esta decisión da Biblioteca do Congreso supón que facer jailbreak a un móbil non afectarÃa á súa
garantÃa, non parece ser algo totalmente correcto, e dende Apple xa
advirten que, aÃnda que non sexa ilegal modificar o software dos seus móbiles, consideran
que viola o contrato de garantÃa dos seus produtos, ou sexa, que a
legalidade do jailbreak non parece
ter ningún efecto práctico para os usuarios (pois tampouco estaban a ter lugar
denuncias por parte das compañÃas por facer tal).
