Convocado o cuarto premio de oratoria en formato podcast que homenaxea a Ramón Otero Pedrayo
mércores, 14 de xaneiro do 2026
A Asociación Amigos de Otero Pedrayo convoca, coa colaboración da SecretarÃa Xeral da Lingua, a cuarta edición do Premio de Oratoria en Formato Podcast "Ramón Otero Pedrayo", coa finalidade de incentivar a expresión correcta e as habilidades comunicativas mediante o cultivo da expresión oral e da oratoria (da que, segundo lembran as dúas entidades, o escritor ourensán foi un mestre), con técnicas actuais para a sociedade dixital.
O certame está destinado a estudantes de 15 a 18 anos de idade que cursen estudos de educación secundaria obrigatoria, bacharelato, graos universitarios ou mestrados. A participación será individual ou en grupo.
Os temas preferentes das pezas que se presenten ao premio serán o medio ambiente, a paisaxe, a sostibilidade, o territorio, o patrimonio, a historia, a xeografÃa, a etnografÃa, a comunicación oral e a tradición oral. Todos temas do universo oteriano. O idioma será o galego.
As pezas enviaranse ao correo da asociacion: amigos.de.otero.pedrayo@gmail.com entre o 10 de febreiro e o 25 de xullo de 2026.
As bases están dispoñibles en formato PDF a través do Portal da Lingua.
