Cortan o acceso á Rede a un galego que compartÃa música por P2P
luns, 20 de xaneiro do 2014
Un usuario do operador galego R convértese no primeiro
español ao que lle cortan o acceso á Internet por piraterÃa musical en virtude da actual Lei de Propiedade Intelectual
(concretamente o artigo 138), tras ser denunciado por Promusicae (denuncia á
que se sumaron Sony Music, Universal Music, Warner Music e EMI).
Estamos ante unha sentenza histórica da Audiencia Provincial de Barcelona, pois
ata o momento sempre se defendÃa por parte dos lexisladores que as medidas
contra o intercambio de ficheiros a través da Internet en España Ãan dirixidas
a empresas e non a usuarios particulares, á vez que é a primeira vez que se
obriga a un operador de banda larga a deixar de prestar o servizo a un usuario
por compartir arquivos a través de redes P2P.
No caso en cuestión o corte do acceso á Internet do denunciado realÃzase sen
terse probado ánimo de lucro polo intercambio musical a través da Rede e, aÃnda
que inicialmente as pretensións da Industria discográfica foran desestimadas,
ao aludirse ao artigo
138 do Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual, que recoñece a
posibilidade de adoptar medidas cautelares de protección urxente, o que inclúe
a posibilidade de suspender os servizos prestados por intermediarios (entre os
que figuran os servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico),
de aà que fose posible cortar o acceso á Internet ao usuario que respondÃa ao
alcume de nito75.
Dende as páxinas de El Mundo detallan
que nito75 era usuario de Direct
Connect, plataforma de intercambio de ficheiros a través da que compartir
5.097 arquivos de son dende o seu equipo informático, segundo detectou a compañÃa
Dtecnet Software, determinando que entre os ficheiros compartidos estaban temas
de Amaral, Extremoduro e JoaquÃn Sabina (suxeitos a dereitos de autor). Ao non
coñecer a identidade do usuario denunciado, a demanda dirixiuse ao provedor do
servizo de acceso á Internet como intermediario (identificado polo enderezo IP de nito75), vÃa que ata o momento nunha se
empregara para frear o intercambio de contidos a través da Rede pese a estar
recollida na Lei dende 2006. Estamos asà ante unha resolución moi polémica, por
restrinxir o acceso a Internet a unha vivenda, en vez de ao infractor de
dereitos de autor, polo que poderÃa vulnerar un dereito fundamental do resto de
membros da unidade familiar.