Corunet intégrase en Sngular
mércores, 19 de xaneiro do 2022
A empresa galega de desenvolvemento de software Corunet, comunicou
hoxe a súa incorporación á tecnolóxica Sngular, dentro da estratexia de
crecemento desta segunda. A integración de Corunet en Sngular foi posible
grazas a que ambas compañías comparten valores e cultura empresarial, colocando
ambas o talento tecnolóxico no centro da organización para así poder executar
proxectos de innovación e transformación baseados na tecnoloxía.
Con esta operación A Coruña ten o segundo maior centro de talento de Sngular en
España, confirmando o compromiso da empresa coa zona. Sngular ten actualmente
19 oficinas en 9 países.
Corunet fundouse no ano 2000, conta con grande experiencia no desenvolvemento
de software para a integración de datos, canles de pagamento e sistemas
críticos de alta dispoñibilidade en contornos de grande demanda en liña, ten a
134 persoas no seu equipo, concentra o seu traballo nun reducido número de
clientes e nos
últimos 5 anos conseguiu multiplicar por 6 a súa facturación.