Curioso sistema de son que axuda a durmir
xoves, 16 de outubro do 2008
Unha empresa
norteamericana comercializa uns orixinais auriculares que en vez de colocarse
nas orellas se emprega como unha cinta para a cabeza, e pretende axudar ao seu
usuario a conciliar o sono.
O uso dos Sleepphones é doado, e consiste
en colocar a cinta na cabeza e conectala a un reprodutor musical (tanto de MP3
coma de CD) a través dun conector estándar de 3,5 milímetros, para poder
escoitar sons relaxantes á hora de durmir (inclúe un CD con música ambiental de
paxaros e de auga). Tamén se pode conectar a unha radio-espertador (aínda que a
súa función neste caso sería xusto a contraria á orixinal do produto, pois
serviría para facernos erguer da cama).
Este curioso trebello se vende a 59,95 dólares, aínda que polo momento só se
pode adquirir dende EE.UU. (polo que habería que engadir ao seu prezo os gastos
de envío).