Datos dos clientes do Banco Santander comprometidos por unha intrusión informática

martes, 14 de maio do 2024 Marcus Fernández

O Grupo Santander vén de informar á Comisión Nacional do Mercado de Valores dun acceso non autorizado a unha base de datos da entidade aloxada nun provedor, iniciando tras o coñecemento deste suceso as medidas para xestionar o incidente, como o bloqueo do acceso á base de datos e un reforzo da prevención contra a fraude para protexer aos clientes.
A investigación realizada pola entidade confirmou o acceso a información dos clientes en Chile, Uruguai e España, e de todos os empregados e algúns antigos empregados do grupo, non habendo evidencia de que se afectase ao resto de mercados nos que opera a entidade.
Aseguran que na base de datos comprometida non hai información transaccional nin credenciais de acceso ou contrasinais da banca en liña que permitan operar co banco. As operacións e os sistemas do Banco Santander non estarían afectados, polo que os clientes poden seguir operando con seguridade.
O Grupo Santander di lamentar a situación e estar a informar proactivamente aos clientes e empregado directamente afectados.