DeepSeek ignora a lexislación europea de protección de datos
venres, 31 de xaneiro do 2025
O pasado martes a entidade de protección de datos de Italia solicitou información ás compañÃas que subministran o servizo do chat de DeepSeek sobre o tratamento que realizan da información persoal dos cidadáns italianos, ao que responderon que non operan en Italia polo que non consideran que se lles poida aplicar a normativa europea.
Ante esta situación decidiuse ordenar con carácter de urxencia e con efecto inmediato a limitación do tratamento de datos dos cidadáns italianos por parte das compañÃas chinesas detrás de DeepSeek. Iso suporÃa o bloqueo rexional de tal servizo (aÃnda que non se detallou como) e o organismo italiano tamén abriu unha investigación sobre o asunto.