Dell anuncia a impresora en cor máis rápida do mundo
martes, 10 de novembro do 2009
Dell anunciou 3 novos
modelos de impresoras comerciais destinadas a mellorar a produtividade nas
empresas á vez que reducen os seus custos de impresión. Entre
estas impresoras desta especialmente a Dell 5130cdn, que é capaz de
imprimir ata 47 páxinas por minuto (ou 37,6 páxinas polas dúas caras) tanto en
monocromo coma en cor, converténdose na impresora láser cor máis rápida do
mundo.
A impresora tamén incorpora a tecnoloxÃa ColorbyDell, que mellora a saturación
da cor e a nitidez da imaxe nas impresións, asà coma promete un gasto por
páxina inferior a 1 céntimo de euro en branco e negro e tamén suporÃa un gasto
de menos de 6 céntimos por cada páxina en cor. O seu prezo nos EE.UU. é de
1.549 dólares (1.032,95 euros).
Esta potente impresora funciona por USB 2.0, aÃnda que tamén conta con intefaz
Gigabit Ethernet, e a súa resolución de impresión serÃa de 1.200 puntos por
polgada.
Declaracións sobre a nova impresora Dell 5130cdn