Dell presenta un monitor curvo 5K de 40 polgadas que aposta polo confort visual
xoves, 4 de xaneiro do 2024
Co gallo do CES
de Las Vegas Dell Technologies está a presentar o novo Dell
UltraSharp 40 Culved Thunderbolt Hub Monitor (U4025QW), que presume de ser
o primeiro monitor 5K de 40 polgadas en contar con certificación 5 estreas de
confort visual de TUV Rheinland.
Estamos ante un monitor con certificación VESA DisplayHDR 600 cun panel IPS
Black cunha resolución de 5.120 x 2.160 pÃxeles e unha velocidade de refresco
de 120 Hz. Integra un sensor de luz ambiental para reducir o brillo e axustar a
temperatura de cor en función das condicións de iluminación (buscando asÃ
reducir a fatiga visual).
Tamén conta con grande conectividade, como un cable
Thunderbolt 4 capaz de achegar até 140 watts, toma de rede a 2,5 Gbps, HDMI
2.1, DisplayPort 1.1 e numerosos portos USB-C e USB-A para conectar todos os
nosos accesorios, destacando polo feito de que un par de portos USB-C e 1 USB-A
están agochados nunha peza retráctil accesible dende a parte frontal do monitor,
o que resulta ideal para conectar dispositivos que non se empregan de xeito
continuo (como pode ser unha unidade de almacenamento externo).
Paralelamente tamén presentan o Dell UltraSharp 34 Curved Thunderbolt Hub
Monitor (U3425WE), cun panel de 34 polgadas cunha resolución de 3.440 x 1.440
pÃxeles, que busca adaptarse a quen precise dunha pantalla de menores dimensións,
pero queira tirar proveito das vantaxes do seu irmán maior.
Espérase que estes monitores cheguen ao mercado a finais de febreiro, e o prezo
do modelo de 40 polgadas en EE.UU. serÃa de 2.399,99 dólares, mentres que o modelo
de 34 polgadas manterÃase en 1.399,99 dólares.
- Aparte do monitor de 40 polgadas Dell tamén comercializará unha versión con pantalla de 34 polgadas