Demandan a Apple por publicidade enganosa das funcións avanzadas de Apple Intelligence
venres, 21 de marzo do 2025
O anuncio de que Siri non integrará Apple Intelligence até o ano que vén segue a dar moito que falar, non só porque levase a que Apple mudase á persoa responsable de tal tarefa (que agora será Mike Rockwell, o máximo responsable de Apple Vision Pro), senón porque agora transcendeu que veñen de presentar unha demanda federal contra Apple nos EE.UU. por publicidade enganosa.
Lembremos que Apple non só anunciou que Ãa renovar Siri durante a WWDC de xuño, senón que repetiu estas novidades avanzadas baseadas en Apple Intelligence co lanzamento do iPhone 16 en setembro, iniciando incluso a emisión de anuncios televisivos protagonizados pola actriz Bella Ramsey (Game of Thrones, The Last of Us) promocionando unha función que agora sabemos que non será realidade até, como pronto, o ano 2026, retirando tal anuncio este mesmo mes de marzo, polo que terÃa estado medio ano utilizando reclamos de venda fraudulentos para animar aos consumidores a facerse cun dos novos teléfonos da compañÃa.
De feito, o principal reclamo da familia de móbiles iPhone 16 é Apple Intelligence, e finalmente a versión que se está a entregar desa tecnoloxÃa está moi lonxe do promocionado pola compañÃa de Cupertino, no que pode entenderse como unha violación da lexislación relativa á competencia, á publicidade enganosa e aos dereitos dos consumidores.
Cómpre salientar que o polémico anuncio dunha Siri máis persoal protagonizado por Bella Ramsey, incluÃa unha anotación en letra miúda advertindo de que Apple Intelligence chegarÃa no outono de 2024, aÃnda que algunhas funcións podÃan adiarse até o ano seguinte, pero ao confirmarse que en 2025 tampouco veremos as funcións máis avanzadas de Siri, parece bastante probable que Apple teña que chegar a algún tipo de acordo para compensar aos consumidores por ter enganado na súa publicidade.