Denuncian que Apple secuestra as mensaxes dos usuarios que mudan a Android
luns, 19 de maio do 2014
Unha cidadá norteamericana vén de presentar
ante o Xulgado do Distrito Norte de California unha demanda contra Apple
por mor do funcionamento da súa aplicación de Mensajes, xa que tras ser usuarios de iPhone, empregando a popular
ferramenta de mensaxerÃa, atopou que tras mudar de teléfono por un Android,
cada vez que outro usuarios de dispositivos de Apple remitÃalle unha mensaxe,
esta quedaba secuestrada polos
servidores de Apple, que a amosaban como enviada ao seu dispositivos con iOS,
que xa non estarÃa en uso. Deste xeito Apple estarÃa a interferir entre as
comunicacións dos seus usuarios, penalizando aos consumidores que abandonan os
seus produtos, o que supón unha clara infracción da lexislación de consumo e
competencia aplicable no Estado de California.
A demandante critica especialmente que o que padeceu non se trata dun caso
illado, senón que detectáronse numerosos casos idénticos en todos os EE.UU.,
tendo Apple coñecemento das incidencias e non tomando medidas para corrixilas.
A devandita incidencia xa
aparecÃa en medios de comunicación como The New York Times o pasado mes de
decembro, e hoxe continúa sen solucionarse, no que non queda claro se é un
caso de neglixencia ou de mala fe por parte de Apple.