As páxinas de La Voz de Galicia sorpréndennos dando conta de que por orde do Xulgado de Instrución nº 1 da Coruña detiveron a Igor Seoane, administrador da coñecida páxina web Rojadirecta, precisamente no xulgado do Mercantil onde estaba a celebrarse unha das causas na súa contra. Ao parecer a detención realizouse no marco dunha investigación iniciada en 2015 e declarada secreta, polo que non coñecemos os detalles que levaron a tal proceder.
Seoane permanecerá en dependencias xudiciais e non pasará a disposición do tribunal ata mañá. O arresto teríase realizado no corredor do xulgado durante un receso do xuízo orixinado por unha demanda de DTS (antes Canal+) contra Puerto 80 (sociedade detrás de Rojadirecta) por un suposto delito contra a propiedade intelectual.
ACTUALIZACIÓN (28/10-2016): Dende La Voz de Galicia informan de que Igor Seoane púxose onte mesmo el liberdade tras tomarlle declaración ante o Xulgado de Instrución nº 1 da Coruña, sen transcender o motivo da detención, que non sería polo que está a ser xulgado, senón que partiría dunha investigación iniciada o ano pasado e declarada secreta.
Deteñen ao administrador de Rojadirecta
Compartir Este Artigo
