Digi é o primeiro operador en ofrecer Wi-Fi 7 en España

xoves, 22 de febreiro do 2024 Marcus Fernández

O operador Digi sorprende ao anunciar que como recoñecemento ao primeiro milleiro de clientes que contrataron PRO-DIGI con velocidades de fibra de até 10 Gbps vai a instalarlles o router ZTE F8748Q con tecnoloxía Wi-Fi 7, converténdose así no primeiro operador en España en ofrecer esta tecnoloxía aos seus clientes de fibra.
Coas comunicacións a través de Wi-Fi 7 conséguense maiores velocidades de transferencia, menor latencia, mellor cobertura, maior número de dispositivos conectados, maior eficiencia enerxética e, por suposto, compatibilidade coas versións anteriores de Wi-Fi, de xeito que estamos ante un salto tecnolóxico que agradecerán especialmente os que teñan contratado conexións de fibra superiores a 1 Gbps (xa que así poderán aproveitar mellor o servizo dende dispositivos sen fíos).

PUBLICIDADE