Digi engade fútbol, caza e pesca á súa oferta audiovisual
martes, 1 de abril do 2025
AÃnda que o operador Digi aposta polo baixo custo para atraer clientes, dende finais do ano pasado quixo completar a súa oferta cun paquete de televisión básico chamado Digi TV que achega preto dun cento de canles de televisión por 7 euros ao mes, e que agora evoluciona coa posibilidade de ampliar esta opción co Pack Deportes, que por 3 euros adicionais ao mes achega os partidos de LaLiga Hypermotion e as tres canles de caza e pesca de Iberalia (Iberalia Original, Iberalia 100% Caza e Iberalia 100% Pesca).
Deste xeito, os clientes de Digi que queiran seguir o fútbol de Segunda División teñen agora un xeito relativamente económico para seguilo a través das canles LaLiga TV Hypermotion, LaLiga TV Hypermotion 2 e LaLiga TV Hypermotion 3, que achegan os partidos de cada xornada en directo, asà como resumos, análises detalladas, entrevistas, reportaxes e máis contidos.