Dinahosting ofrece grandes descontos co gallo do Black Friday

luns, 21 de novembro do 2022 Marcus Fernández

A compañía galega de hospedaxe de páxinas web e rexistro e xestión de dominios da Internet, Dinahosting, súmase á celebración do Black Friday e do Cyber Monday con baixadas de prezo en todos os seus servizos nunha promoción que comeza hoxe e que durará até o vindeiro luns.
Entre as ofertas de Dinahosting podemos ver traslados de dominios .com e .es por 0,99 euros, novos rexistros de dominios .com e .es por 8,99 euros/ano, rexistros de dominios .gal por 1 euro/ano, hospedaxes web cun 75% de desconto, até un 50% de desconto en servidores dedicados ou aforros do 20% en certificados SSL.
Dende Dinahosting lembran que son unha empresa con 20 anos de vida, con soporte técnico as 24 horas (con atención ao cliente en español, galego, catalán, inglés e portugués), cunha infraestrutura de rede de alto rendemento e con centros de datos en Madrid (nas instalacións de Interxion e Global Switch).

ACTUALIZACIÓN (22-11-2022): A promoción de dominios .es e .com a 0,99 euros esgotouse o primeiro día da campaña.

PUBLICIDADE