Disco duro multimedia con gravación e funcións de rede
martes, 16 de decembro do 2008Os usuarios que teñan pensado
mercar a medio prazo un disco duro multimedia deberÃan botar un ollo ao MvixPVR, que pese a que aÃnda non se
publicou o seu prezo nin a súa data de lanzamento (que parece inminente) é un
dispositivo moi completo e interesante, por combinar reprodutor multimedia con
saÃda de alta definición, gravador de vÃdeo, base para o iPod e funcións de
rede.
Este disco duro multimedia conta con saÃda de vÃdeo a 720p/1.080i (de xeito que
reescala os nosos vÃdeos con calidade estándar para a súa visualización en
televisores de alta definición), saÃda de son 5.1, porto HDMI, conectividade
Ethernet e Wi-Fi (para funcionar coma disco duro en rede, servidor de ficheiros
multimedia e incluso descargador de contidos de BitTorrent), USB 2.0 (o que
permite ampliar a súa capacidade mediante discos duros externos ou a
reprodución de contidos de memorias USB), euroconector, entradas e saÃdas por
compoñentes e función de gravador de vÃdeo dende fontes externas (soportando
gravación, time shift e algunhas funcións de edición).
O MvixPVR venderase con capacidades de ata 1 Tb e é compatible con Windows, Mac
OS X e Linux, podendo
cargarse os contidos no mesmo tanto a través de rede local como conectándoo ao
ordenador por USB.