Disney acusa a Google de infrinxir dereitos de autor a través da súa IA
xoves, 11 de decembro do 2025

- Algúns exemplos achegados pola Disney de contidos creados pola IA de Google que vulneran o seu copyright
Disney enviou un escrito de cesamento e desistimento a Google no que acusa á compañÃa de utilizar obras protexidas para adestrar e distribuÃr contidos xerados por intelixencia artificial sen autorización. Segundo a carta, redactada polo despacho Jenner & Block en representación da multinacional, Google estarÃa copiando un amplo corpus de creacións de Disney para desenvolver modelos de IA e comercializar imaxes e vÃdeos que reproducen personaxes emblemáticos como Frozen, O Rei León, Masacre ou Star Wars.
A empresa inclúe exemplos de imaxes xeradas mediante prompts nos servizos de Google, entre elas representacións de Darth Vader. O escrito reclama que se deteña de inmediato a copia, exhibición pública, distribución e creación de obras derivadas dos seus personaxes, tanto en aplicacións de IA como en plataformas integradas, incluÃndo YouTube e YouTube Shorts.
Bob Iger, conselleiro delegado de Disney, declarou nunha entrevista na CNBC que a compañÃa leva tempo advertindo a Google sobre estas prácticas e que, ante a falta de avances nas conversas, non quedou outra opción que enviar a notificación formal. «Fomos agresivos na defensa da nosa propiedade intelectual e este é outro exemplo de como actuamos cando non se respecta», afirmou.
Disney tamén acusa a Google de aproveitar a súa posición dominante para promover tendencias virais que inclúen imaxes de figuras baseadas en personaxes da compañÃa. A carta cita mesmo unha publicación do CEO de Alphabet e Google, Sundar Pichai, na que se animaba a crear estas representacións mediante Gemini AI.
Este movemento chega despois de accións similares contra Meta e Character.AI, asà como de demandas conxuntas con NBCUniversal e Warner Bros. Discovery contra Midjourney e Minimax. A estratexia evidencia a vontade de Disney de marcar lÃmites claros no uso da súa propiedade intelectual no ámbito da intelixencia artificial, o que non implica unha intolerancia cos contidos creados mediante IA (pois veñen de licenciar boa parte dos seus personaxes a OpenAI).
