Disney completa a compra de 21st Century Fox
mércores, 20 de marzo do 2019
Hoxe é un dÃa histórico para o audiovisual global xa que faise
efectiva a compra da 21st Century Fox por parte da The Walt Disney
Company, de xeito que os negocios e franquÃas da Fox pasan a mans da
Disney, compañÃa que consegue asà un peso moito maior nun mercado moi
competitivo, facilitando asà os seus vindeiros pasos no contorno dixital, xa
que a finais de ano está previsto o lanzamento do servizo de vÃdeo baixo
demanda Disney+, á vez que toma o control accionarial de Hulu (compañÃa da que
tiña o 30% das participacións, e da que agora terÃa o 60%).
Coa adquisición Disney faise coas empresas cinematográficas Twentieth Century
Fox, Fox Searchlight Pictures, Fox 2000 Pictures, Fox Family e Fox Animation;
as empresas televisivas Twentieth Century Fox Television, FX Productions e
Fox21; FX Networks; National Geographic Partners; Fox Networks Group
International; Star India; e as participacións da Fox en Hulu, Tata Sky e
Endemol Shine Group.
Para que as autoridades permitisen esta compra segregaron os negocios de
informativos e deportes na nova Fox Corporation, que contará con negocios como
FOX New Channel, FOX Business Network, FOX Broadcasting Company, FOX Sports,
FOX Television Stations Group e as redes deportivas de cable FS1, FS2, Fox Deportes
e Big Ten Network.

