Dispositivo USB para facer tolear ao ordenador
martes, 20 de outubro do 2009
Facer bromas na oficina é agora máis doado grazas ao PC Prakster, un dispositivo USB coa aparencia dunha memoria Flash que pesa 22 gramos e véndese por 19,99 libras esterlinas (20,76 euros), e que pode volver tolo ao usuario que o teña conectado ao seu equipo, pois pode activar/desactivar aleatoriamente o bloqueos de maiúsculas, mover o rato pola pantalla ou escribir textos sen sentido, aínda que sempre tendo tino para non gravar documentos ou pechar aplicacións, de xeito que é algo molesto sen chegar a ser perigoso.