Docuten permitiu aforrar aos seus clientes máis de 30 millóns de euros en 2021
venres, 14 de xaneiro do 2022- Brais Méndez, director executivo (CEO) de Docuten
A
empresa galega Docuten,
plataforma galega de dixitalización administrativa, fixo balance dos
logros acadados no ano que vimos de deixar atrás, un perÃodo no que
tivo oportunidade de xestionar dixitalmente máis de 10 millóns de
documentos. Este
labor, sinalou Docuten no seu balance, permitiu que as empresas
clientes aforrasen máis de 30 millóns de euros ao longo de 2021.
En
palabras da empresa, estes dous anos (2020 e 2021) serviron para
constatar a importancia da dixitalización como factor decisivo de
supervivencia, unha tendencia que foi a alza no último treito do
perÃodo, ao comprobarse que a transformación tecnolóxica resultou
ser crucial para mellorar a eficiencia dos procesos e garantir a
operatividade dos negocios en remoto.
Este
pasado ano, Docuten axudou aos seus máis de 350 clientes a
automatizar procesos imprescindÃbeis para o correcto funcionamento
da operativa diaria dunha empresa grazas á sinatura dixital e á
factura electrónica.
En
total xestionou 10.720.002 documentos (fronte aos 8.5 millóns de
documentos do 2020), entre facturas electrónicas emitidas e
recibidas e documentos enviados a firma.
A
automatización e dixitalización destes procesos administrativos
xerou como dixemos un aforro nos seus clientes de máis de 30 millóns
(fronte aos 19.5 millóns do 2020). Neste punto Docuten salienta que
o aforro non afectou soamente no plano económico, senón que a
empresa conseguiu que os seus clientes eviten máis de 2 millóns de
horas empregadas en tarefas repetitivas, horas que os seus
traballadores poden empregar noutras tarefas que acheguen valor de
negocio.
Segundo
a empresa e desde un punto de vista conservador (baixo a premisa de
que cada un dos documentos tratados estaba constituÃdo por única
folla) os seus clientes conseguiron evitar o gasto de 97.552 kg de
madeira (unhas 893 árbores), evitar a emisión de 7.075,20 kg de
CO₂, (cantidade de CO₂ que emite un coche de gasolina de tamaño
medio en aproximadamente 49.477 quilómetros), asà como o uso de
107.200.020 litros de auga (cantidade gastada por 806 persoas en
España cada dÃa).