Docuten xestionou dixitalmente máis de 8,5 millóns de documentos e permitiu un aforro de máis de 19,5 millóns
xoves, 14 de xaneiro do 2021
A empresa
tecnolóxica coruñesa
Docuten fixo balance do
seu traballo en 2020
ampliando procesos de
dixitalización nas
empresas e entidades co
fin de mellorar a súa eficiencia e permitir a xestión remota dos
procesos administrativos. É asà que durante o ano pasado, a empresa
tramitou de forma dixital un total de 8.755.788 documentos que
permitiu un importante
aforro de tempo e económico, cun total de 19,5 millóns de euros,
para os seus clientes.
O proceso de dixitalización
levado a cabo por Docuten céntrase sobre todo en dar solución a
certos procesos administrativos, como poden ser os documentos coa
sinatura
dixital e a facturación electrónica. Ademais do aforro de tempo e
económico, esta iniciativa ten un claro beneficio na súa pegada
ecolóxica, evitando a emisión, no caso de Docuten, dun total de
5.778 kg de CO2.
Docuten, que se sitúa como
unha das empresas referenciais no sector tecnolóxico do ámbito da
dixitalización, conta a dÃa de hoxe con alianzas con diferentes
empresas que tamén están actuando mediante procesos dixitais.
Microsoft, Lous Vuitton, Cabify, Abanca ou Estrella Galicia, son só
unhas das poucas entidades que fan uso deste método dixital que
chegou para quedarse.