Dous novos ordenadores ultraportátiles de Gigabyte
venres, 7 de marzo do 2008- O UMPC M700 de Gigabyte conta con elevadas prestacións e unha aparencia sumamente atractiva
O fabricante Gigabyte aproveitou o CeBIT para presentar novos
ordenadores ultraportátiles, os modelos
M528 e M700, que destacan polo seu elegante deseño.
O UMPC M700 incorpora un procesador VIA C7-M a 1,2 GHz, unha pantalla táctil
LCD de 7 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 pÃxeles, 2 Gb de memoria RAM
e un disco duro de 40 ou 60 Gb de capacidade. Amais, funciona co sistema
operativo Windows Vista Home Premium e o seu peso é de só 0,68 quilogramos.
O UMPC M528 inclúe pola súa banda un procesador Intel Centrino
Atom a 800 MHz, unha pantalla táctil LCD de 4,8 polgadas cunha resolución de
800 x 480 pÃxeles, 512 Mb de RAM, disco SSD de 4 Gb, cámara integrada de 1,3
MpÃxeles, teclado QWERTY completo, conectividade HSDPA e receptor GPS. O
sistema operativo deste equipo será Linux e só pesa 0,34 quilogramos.
- O M528 lembra na súa aparencia ó Nokia N810