Dúas webs galegas, entre as mellores do mundo polo seu deseño

venres, 12 de xuño do 2009 Raquel Noya

Gonzalo García Figueroa e Miguel García García, directores de Grupo Promedia

A prestixiosa publicación internacional de deseño web, Web Design Index by Content, que recolle as mellores páxinas do ano e arquívaas en categorías por sectores profesionais, vén de seleccionar, no seu último número, dous traballos realizados pola empresa compostelá Grupo Promedia, que son, cursoimplantologia.com e afabricadevilanova.com, dous sitios web que a firma galega desenvolveu para distintos clientes no último ano.
Os criterios de selección seguidos por esta publicación de referencia no sector para escoller os sitios do ano, baséanse na calidade, na innovación e na eficacia do deseño, cualidades que reunían de sobra as dúas webs galegas, desenvolvidas, respectivamente, para a Unidade Docente de Cirurxía Oral da Facultade de Odontoloxía da USC e para o restaurante A Fábrica de Vilanova, do laureado chef André Arzúa, de Allariz.
Na imaxe, os empresarios Gonzalo García Figueroa e Miguel García García, directores do Grupo Promedia.

PUBLICIDADE