Dyson presenta un auriculares con cancelación de ruÃdo
xoves, 18 de xullo do 2024
Tras o ridÃculo absoluto que Dyson fixo cos seus auriculares de diadema con purificación de aire, o coñecido fabricante decide recuncar no mundo dos auriculares cos Dyson OnTrac, que veñen de presentarse globalmente presumindo da mellor cancelación de ruÃdo activa dentro da súa categorÃa (aseguran que é capaz de reducir en 40 dB o ruÃdo externo) e cun deseño que promete comodidade durante todo o dÃa.
Esta previsto que os novos auriculares poidan adquirirse en España a partir do 1 de agosto a un prezo de 499 euros, podendo completarse os auriculares con tapas e almofadas personalizables de distintas cores que terán un prezo de 49 euros o par, de xeito que a personalización de cores poderÃa converterse no sinal de identidade destes auriculares de diadema que teñen bastante complicado o facerse un oco no mercado ao chegar da man dunha marca que non está asociada ao mundo do audio, nun rango de prezo no que competirÃa con marcas como Sony, Apple ou Sonos.
Os auriculares Dyson OnTrac integran uns diafragmas de 40 milÃmetros con frecuencias de resposta de entre 6 e 21.000 Hz, conectividade sen fÃos (con soporte de codificadores AAC, SBC e LDHC) e con cable (USB-C), e a súa baterÃa permite reproducir música até 55 horas cunha única carga.
Haberá que ver como se comportan estes auriculares na práctica, e se realmente cumpren co prometido, dando continuidade a esta liña de produtos de Dyson ou deixándoa nunha anécdota.
- Os auriculares Dyson OnTrac aseguran ser tan confortables como para permitir o seu uso durante todo o dÃa
- Os auriculares de Dyson permiten unha ampla combinación de cores
VÃdeo de presentación dos Dyson OnTrac