EGANET certifica o seu posicionamento contra a exclusión dixital
martes, 8 de febreiro do 2011

- A xunta directiva de EGANET nunha imaxe recente
Tal e como avanzamos,
en breve teremos ocasión de participar nun congreso dirixido a pór de relevo a
importancia de acadar unha Sociedade da Información que non deixe a ninguén fóra,
sexa por ter unha diversidade funcional sexa por calquera outro motivo. En
concreto, a xuntanza encamÃñase a afondar na importancia destas accións dende os
primeiros treitos do camiño, ou sexa, dende a escola. Con este fin, servirá
entre outras cousas para formar aos profesores e aos pais nos principais
recursos de inclusión dixital. O congreso, que se celebra en Ourense (11 e 12
de febreiro no Auditorio Municipal), está organizado por TADEGa e EGANET.
Para a segunda das asociacións, que colabora na posta en marcha do congreso e
no seu programa, este apoio á xuntanza é unha mostra da súa estratexia de
compromiso con todas as persoas en risco de exclusión dixital.
Esta circunstancia, sinala EGANET, é
especialmente grave se temos en conta a gran cantidade de vantaxes e beneficios
que as ferramentas tecnolóxicas poden achegar para o conxunto da sociedade,
tanto no eido da comunicación e a información (favorecen o acceso ás mesmas)
como no da consecución de novos modelos laborais (facilitan todo tipo de
tarefas sen necesidade de desprazamentos).
EGANET únese asà ao labor que TADEGa (TecnoloxÃas
de Atención á Diversidade na Educación Galego) leva anos desenvolvendo a prol
dun eido informático accesible e cen por cen aberto.
Xa nun eido concreto e remitÃndonos ao
programa, dicir que a presenza de EGANET deixarase notar en varias das
actividades previstas. Por exemplo, o vicepresidente primeiro da asociación,
Daniel Cerqueiro, participará na xuntanza como representante do sector TIC
galego en loita contra a fenda dixital e intervirá na mesa inaugural. Ao seu
carón, sentará na mesa o presidente da Fundación Orange, Luis Alberto
Salazar-Simpson Bos, e o presidente de TADEGa, Juan José Fernández GarcÃa,
entre outros.
Menos
teorÃa e máis práctica
O programa do II Congreso TADEGa está
concibido cun carácter sumamente práctico, de xeito que os relatorios serán
substituÃdos por unha mesa redonda e múltiples obradoiros nos que cada asistente
buscará os contidos máis axeitados ao seu perfil e intereses. Nos obradoiros
ofrecerase formación e coñecemento no uso das TIC como ferramentas para a integración
dos colectivos máis desfavorecidos na Sociedade da Información.
As TIC
para mellorar a experiencia educativa
As ferramentas dixitais na atención do
alumnado con NEAE (Necesidades Educativas de Apoio EspecÃfico) e na pedagoxÃa
inclusiva serán dous dos eixes arredor dos que se traballará durante os dous
dÃas que dure o congreso; un xeito de poñer en valor o potencial das TIC na mellora
da experiencia educativa do sector da poboación con diversidade funcional.
Traballarase ademais, sobre os recursos
dixitais para Sistemas Alternativos e Aumentativos de Comunicación (SAAC) asà como
na vertebración de contidos, servizos. Farase tamén, un percorrido polas
iniciativas do empresariado galego recoñecidas pola súa accesibilidade.
O congreso terá lugar os dÃas 11 e 12 de
febreiro no Auditorio Municipal de Ourense. Os asistentes recibirán un
certificado que conta coa homologación da ConsellerÃa de Educación por un total
de 12 horas. Xunto con EGANET, colaboran no congreso II Congreso TADEGa: a ConsellerÃa
de Educación, a ConsellerÃa de EconomÃa e Industria, o Concello de Ourense, a Fundación
Orange, a Asociación Divertic, BJ Adaptacións, Smart Technologies, Lola Pirindola
e a Asociación do Encerado Dixital de Galicia (Ediga).
