EUTube popularízase grazas a un vídeo de contido erótico

mércores, 4 de xullo do 2007 Marcus Fernández

Hai uns días comentamos que a Comisión Europea estreara unha canle en YouTube para achegarse a un maior público, pero o que non se agardaba era que un dos clips se achegase ós 2 millóns de visualizacións en apenas 20 días, pois baixo o título Film lovers will love this! (¡os amantes do cine amarán isto!) se amosaba un anuncio no que se vían distintas escenas de sexo (de películas europeas) nas que as parellas chegaban ó orgasmo ó unísono, para concluír que debemos “chegar xuntos” para celebrar o cine europeo.


O polémico vídeo que promociona o cine europeo en EUTube

Esta visión que emprega dos dobres sentidos non parece gustar nalgúns países, de xeito que hai moitas críticas negativas sobre o vídeo, aínda que trala expectación creada hai que recoñecer que a campaña publicitaria sustentada en YouTube está a ser un éxito, e os seus responsables non dubidan en afirmar están “orgullosos dun cine europeo forte, cheo de emocións intensas, unha características do noso cine que non se atopa noutras partes do mundo.
O vídeo que está a ser tan popular recolle imaxes de películas coma Amélie, Rompiendo las olas, Goodbye Lenin, The Dreamers e La mala educación, estando acompañadas pola canción Las vecinas da banda sonora da película Volver, ou sexa, que o cine español fixo unha importante achega a este popular corte.