Económico gravador de TDT HD de Best Buy
luns, 11 de outubro do 2010
Coa chegada das
novas canles de alta definición na TDT moitos consumidores atopan que non poden
recibilas por non ter un sintonizador axeitado, e tamén acontece o mesmo con
múltiples dispositivos de gravación, non adaptados á HD, o que agora pode
solucionarse con produtos cun prezo asumible coma o Easy
Home TDT HD’10, un sintonizador de TDT de alta definición de Best Buy que
está xa á venda por 54,90 euros e que, aparte de recibir e gravar o sinal
televisivo en definicións alta e estándar, tamén pode reproducir arquivos de
vÃdeo comprimido en MPEG-4 e incluso en MKV.
O Easy Home TDT HD’10 conta con saÃda HDMI e de vÃdeo por compoñentes e
composto (de xeito que tamén pode empregarse con televisores que non sexan de
alta definición) e a gravación da TDT realizarase en tarxetas de memoria USB ou
en discos duros externos de ata 500 Gb de capacidade. Grazas a esta
posibilidade tamén é posible facer uso da función de TimeShift ou pausa en directo, podendo asà deter o visionado dunha
canle televisiva para reanudala máis tarde.