Artigos desta sección
Unha tenda virtual regala impresoras láser coa compra de tóner
A tenda a través da Rede ConZumo.com lanzou unha promoción coa que pretende concienciar sobre o alto prezo do tóner das impresoras láser, e así, pola compra de 10 cartuchos de tóner regalan unha impresora láser. A oferta cínguese ás impresoras HP Laserjet 1018 e Brother HL-2030, e debería facer reflexionar ós consumidores sobre o prezo real das impresoras, xa (...)
Ler máisCase a metade de teléfonos móbiles son chineses
Como era de imaxinar (debido á cantidade de chineses que hai no mundo e á súa afección declarada polos dispositivos innovadores), o último informe que vén de publicar Research and Markets sobre a Industria da Telefonía Móbil 2006-2007 indica que China é o país onde se fabrican máis teléfonos móbiles, acaparando concretamente o 46,9 por cento da produción mundial (...)
Ler máisNoruega declara ilegal o servizo de descargas iTunes
Tras moitos avisos e advertencias, a tenda de Apple iTunes foi declarada ilegal en Noruega por vender “de xeito ilegal” contidos incompatibles cos dispositivos doutras compañías, segundo indica a xustiza daquel país. Polo visto, as cancións baixadas no iTunes, malia seren pagadas polos usuarios, só funcionan nos reprodutores do mesmo nome e nos dispositivos (...)
Ler máisBlusens afonda en Santiago nas orixes e nas razóns do seu éxito
O éxito de Blusens (cualificado de “milagre” pola Facultade de Económicas da USC) é en si mesmo un manual de autoaxuda para futuros empresarios. A súa é unha historia de ruído, no mellor sentido do termo. Explicámonos: mentres a meirande parte das firmas que asisten ás feiras tecnolóxicas fican nun recollido silencio, agardando algo que nunca acontece, que é (...)
Ler máisO volume de ventas previstas para 2007 do HD DVD é 40 veces superior ó acadado en 2006
O HD DVD Promotion Group, entidade encargada de promover o novo formato de Toshiba no mercado, fixo públicos na pasada feira CES de Las Vegas os primeiros datos sobre o lanzamento comercial do reprodutor HD DVD e dos primeiros títulos estreados neste formato con capacidade de 51 GB de datos e até 7 horas de vídeo de alta definición. Segundo este grupo de (...)
Ler máisCisco denuncia a Apple por empregar a marca iPhone sen a súa autorización
Linksys leva tempo comercializando produtos baixo a marca iPhone Cando non transcorreron nin dous días dende que a compañía Apple anunciara con bombas de palenque o lanzamento dun novo dispositivo que integra móbil, acceso a Internet e iPod nun só aparello, o grupo informático estadounidense Cisco Systems vén de presentar perante un tribunal de California (...)
Ler máisOs televisores de Sony virán equipados para reproducir vídeos da Internet
Se lle facemos caso a Bill Gates en Las Vegas, televisión, computador, cámara dixital e teléfono móbil (entre outros aparellos que agora non nos veñen ós miolos) serán (ou deberían ser) no futuro unha mesma cousa. Todo o que se faga polo tanto a prol da compatibilidade, da linguaxe tecnolóxica común, de ceibarnos por fin das enleadas de fíos de enchufes no fogar, (...)
Ler máisApple sorprende cun novo dispositivo: o iPhone
Adiviña, adiviñanza: un aparello máis fino có iPod, cunha gran pantalla para visualizar vídeo e televisión, con cámara dixital, capacidade de ordenador portátil e con teléfono incorporado. De que se trata? Pois estamos a falar do iPphone, o novo dispositivo de Apple que reúne (segundo Apple, claro) o mellor dun reprodutor multimedia, un móbil e un computador (...)
Ler máisA tecnoloxía de Microsoft nos coches Ford permitirá o control dos móbiles e os reprodutores dixitais a través da voz
Microsoft, segundo deu a coñecer estes días na feira CES de Las Vegas a través do seu máximo representante, Bill Gates, está moi interesada en saír dos computadores e meterse até no máis recóndito da tecnoloxía do fogar e da oficina. É dicir: se por eles fose, todo estaría interconectado e falando a mesma lingua, o reprodutor de mp3 e o computador, o móbil e a (...)
Ler máisTime Warner presentará en Las Vegas un novo formato de DVD compatible cos reprodutores de Blu-Ray e HD-DVD
Estaba claro: a iniciativa de LG de tender pontes entre o Blu-ray (de Sony) e o HD-DVD (de Toshiba) non ía ser a única. A empresa surcoreana, que co seu reprodutor dual do que falamos máis abaixo semella poñer un pouco de sentido común nos problemas de incompatibilidade dos dous devanditos formatos (coma o VHS e o Beta no seu día), vén de botarse soa ó centro (...)
Ler máis0 | ... | 570 | 580 | 590 | 600 | 610 | 620 | 630 | 640 | 650 | 660
