Elo – Sistemas de Información (Grupo Seresco) celebra tres décadas de éxito en solucións de rexistro horario

luns, 15 de xullo do 2024 S. P.

A xornada de 37,5 horas semanais prevista por lei para 2025 e o rexistro horario reflicten unha nova realidade que supoñerá un fito no mercado laboral español. Unha vez aprobada a lei, todas as empresas, con independencia do tamaño do seu persoal, terán que rexistrar a xornada laboral dos seus empregados por medios telemáticos.
Neste sentido, para atopar a solución de fichaxe máis axeitada para os negocios, é conveniente recorrer á fiabilidade, á experiencia e á capacidade de adaptación de empresas como Elo - Sistemas de Información, tecnolóxica portuguesa con ampla presenza en Galicia, pertencente ao Grupo Seresco, que conta con máis de 600 clientes e é referente na xestión de tempos e persoas. Cun forte compoñente de innovación e alcance multinacional, a compañía celebra agora 30 anos dando apoio ás organizacións con ferramentas deste tipo.
Elo é empresa pioneira en presentar ao mercado soluciones de software que achegan flexibilidade e escalabilidade no sector dos Recursos Humanos, en función das necesidades de cada compañía. De feito, as súas tres décadas de actividade estiveron marcadas por importantes innovacións tecnolóxicas nun sector que sufriu cambios significativos nos últimos tempos, especialmente tras a pandemia de COVID-19.
Concretamente, Elo conta con solucións para o control de tempos (TIME), así como para a o control de acceso de persoas e vehículos (SECURITY), que achegan interesantes beneficios ás compañías, como por exemplo as que citamos a continuación: eficiencia na xestión do tempo (automatización do seguimento de horarios, reducindo erros manuais); cumprimento legal (cumprimento das normativas laborais sobre rexistros de xornada); optimización de recursos humanos (planificación de quendas e xestión de ausencias e permisos); mellora na produtividade (monitoraxe precisa do tempo de traballo, permitindo identificar e corrixir ineficiencias); acceso a datos en tempo real (información actualizada sobre a presenza e ausencias dos empregados); redución de custes (menor necesidade de supervisión manual e menor incidencia de erros na nómina); meirande transparencia (existro claro e accesible das horas traballadas por cada empregado); e mellora da seguridade (control estrito de quen pode acceder ás instalacións, aumentando a seguridade do persoal e os activos).
Integración de Elo-SI no Grupo Seresco, unha clara aposta polo mercado español e galego
En 2023, Elo-SI vendeu o 76,87% do seu capital a Grupo Seresco, multinacional española especializada en solucións tecnolóxicas e transformación dixital de empresas e organismos públicos, que cotiza no BME Growth. Aproveitando as sinerxías creadas con outras divisións do grupo tecnolóxico, concretamente nas áreas de nóminas e recursos humanos, Elo-SI consolidou a súa presenza no mercado español, onde xa conta con clientes de referencia como Pescanova ou Fandicosta, ambas as empresas con sede central en Galicia.
Ademais dos seus clientes directos, Elo conta cunha rede de máis de 90 partners e integra as súas solucións co principais software ERP e de xestión de Recursos Humanos do mercado, como Milena (Seresco), Microsoft, SAGE, CEGID, SAP, PHC, entre outros.
En canto ao hardware, a empresa tecnolóxica aposta por traballar coas marcas máis recoñecidas de xestión de presenza e control de accesos, como Suprema, ZKTeco, ISGUS e HIK Vision.
Para Fernando Carvalho, co-manager de Operacións e Desenvolvemento de Software, "traballar con referencias ineludíbeis no mercado envía unha importante mensaxe aos nosos clientes: que a calidade é un valor do que non prescindimos, non só no desenvolvemento das nosas solucións, senón tamén nos partners e marcas cos que complementamos a nosa oferta."
Con preto de 30 empregados, repartidos entre a súa sede no Porto e a súa oficina en Lisboa, Elo - Sistemas de Información prevé facturar preto de 3 millóns de euros en 2024, o que supón un aumento do 6%.