Elogia volve aparecer entre as mellores axencias españolas na listaxe de Google

mércores, 16 de febreiro do 2022 S. P.

Sede de Elogia en Vigo

Google volve elaborar a súa listaxe de Google Premier Partners 2022, un ránking para recoñecer os logros dos socios de mercadotecnia dixital que conseguiron os mellores resultados a nivel mundial. Elogia, a axencia de mercadotecnia dixital con sede en Vigo e pertencente ao grupo VIKO, está desde 2016 entre eles. Trátase dunha distinción que só obteñen o 3 % de socios de Google con mellor rendemento de cada país.
“Grazas ao traballo do noso equipo Elogia está un ano máis no 3% das mellores axencias tanto en España como en México. Isto só é posíbel grazas á confianza dos nosos clientes no noso expertise por seguir apostando por un equipo innovador que experimenta e empurra a fronteira do performance e do que é posíbel test a test”, celebra Álvaro Gómez, director executivo de Elogia.
A axencia, que mantén a confianza de clientes como Mediolanum desde 2015 ou SABA e Platanomelón desde 2016, colleita éxitos, entre outras cousas, grazas á aplicación de innovacións tecnolóxicas e ao seu equipo de especialistas certificados. Por mor destas prácticas, Elogia, que medrou un 51% en marxe neta no último ano, fixo triunfar aos seus clientes, véxase: o aumento dun 79% do volume de leads captados a través de Google Ads para Pronokal durante o primeiro ano de xestión, o incremento dun 30% no cociente de conversión da empresa Taurus logo dun cambio de estratexia de optimización de Google Shopping ou a campaña de Black Friday para GAP.

PUBLICIDADE