En desenvolvemento unha ferramenta galega para chegar a onde non chega Google
venres, 3 de setembro do 2010
- Iván Gómez Caderno, socio fundador de Classora, na fotografÃa que ilustra unha entrevista recente
A revista mensual dun operador de cable ofrece na súa máis recente entrega un interesante achegamento á innovación tecnolóxico-dixital galega do noso tempo. Máis en detalle, trátase dun repaso exhaustivo pola que a xuÃzo da publicación é unha das ferramentas máis ambiciosas da tempada, tanto a nivel galego como internacional. Estamos a falar de Classora, un buscador chamado a competir con Google, informan os seus creadores, por moito que semelle unha contenda a priori un tanto desigual. Classora, unha base de coñecemento que comparte caracterÃsticas con outras moitas coñecidas, incorpora unha serie de elementos que lle axudan a marcar a diferenza. Por exemplo, é intelixente. De feito, informan os responsables da ferramenta, é quen de entender o significado de todo aquilo ao que dá acubillo. A iniciativa, que neste intre atópase en fase de beta pechada, terÃa potencial para achegar resolucións a todo tipo de preguntas ou problemas, por moi complexos que estes sexan. En certa maneira, semella tratarse dun Google con vantaxes de Wikipedia e con capacidade para ir alén da simple exposición de datos, respondendo polo miúdo ás novas tendencias e esixencias da Sociedade do Coñecemento.
Segundo fai saber na entrevista do dito operador galego Iván Gómez, socio fundador de Classora, do que se tratou foi de trasladar ao eido das bases de coñecemento web os métodos e usos da Intelixencia no Negocio (Bussiness Intelligence), unha tendencia-tecnoloxÃa que por dicilo dalgún xeito complementa e mellora o que de materia gris hai nunha empresa.
A ferramenta, que se dirixe a un público moi amplo (investigadores de toda Ãndole aos que Internet, con toda a información estática e interesada que ofrece, lles saiba a pouco), ten feitura de plataforma colectiva, aberta a comentarios, valoracións e a melloras dos seus usuarios.
Classora, dispoñible en inglés e español (agardamos que o galego tamén se inclúa nas previsións), xorde co obxectivo de ser diferente en tódolos ámbitos, mesmo no que sae dela mesma, o coñecemento. A xuÃzo dos seus creadores, partirá de datos básicos e en aparencia superficial para achegar algo non evidente. Neste senso, din, Classora resolve tres problemas sen relación: a carga, integración e actualización dos datos automática, a compresión da linguaxe natural e representación do coñecemento en múltiples feituras.