En marcha un espazo web público de educación sanitaria
luns, 3 de novembro do 2025
A Xunta dá un novo paso na súa estratexia de educación sanitaria coa activación das recomendacións integradas na historia clÃnica electrónica e coa posta en marcha dun portal público de educación en saúde que reúne contidos revisados e validados por especialistas do Servizo Galego de Saúde.
O Consello da Xunta foi informado hoxe polo departamento de Sanidade da ampliación das capacidades do proxecto Share, unha iniciativa pioneira en Europa que integra o coñecemento e a aprendizaxe dentro do sistema sanitario público galego.
A primeira destas novas funcións é a recomendación de contidos educativos desde a historia clÃnica electrónica, o que permite aos profesionais sanitarios recomendar e «prescribir» educación en saúde aos pacientes cun só clic a través de É-Saúde.
A segunda é o Espazo Share, un espazo web público de educación sanitaria que pon ao alcance de pacientes e persoas coidadoras materiais validados por profesionais da sanidade pública galega.
Antes da súa apertura á cidadanÃa, Share xa estaba consolidado como ferramenta formativa no ámbito profesional. Nos últimos dous anos ofreceu formación personalizada a máis de 45.000 profesionais do Servizo Galego de Saúde, nunha contorna dixital flexible, atractiva e dispoñible en todo momento, favorecendo a aprendizaxe continua.
A través desta infraestrutura, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS), dependente da ConsellerÃa de Sanidade, conseguiu ordenar e ampliar a formación sanitaria, con máis de 90 cursos de autoformación dispoñibles todo o ano e máis de 130.000 certificados anuais expedidos.
Co lanzamento das recomendacións de contidos a pacientes e do novo portal aberto á cidadanÃa, Share evoluciona cara a un ecosistema compartido de coñecemento no que profesionais, pacientes e comunidade participan dun mesmo espazo de aprendizaxe en saúde.
A iniciativa busca mellorar a eficiencia asistencial e o impacto social. A través de Share, o sistema sanitario público galego ofrece información homologada en momentos clave do proceso asistencial (antes dunha proba, ao axustar un tratamento ou ante un sinal de alerta), o que se traduce en menos repeticións de probas, menos consultas duplicadas e unha mellor comprensión das recomendacións médicas.
O profesional selecciona o contido desde a historia clÃnica electrónica, e o paciente recibe a recomendación a través de É-Saúde, con acceso directo desde o móbil ou o ordenador. Os materiais —vÃdeos, guÃas ou listas de verificación— son breves, claros e accesibles. O sistema rexistra o acceso e a finalización para avaliar o impacto e mellorar os procesos clÃnicos.
O novo espazo web público Espazo Share reúne contidos validados por especialistas en áreas como a prevención do cancro, saúde cardiovascular, saúde materno-infantil, envellecemento activo, xaqueca, TDAH, uso de inhaladores ou dor crónica. O catálogo actualizarase de forma continua en función das prioridades do sistema público de saúde.
As recomendacións integradas cumpren coas garantÃas de protección de datos e teñen carácter informativo, sen substituÃr a decisión clÃnica, pero serven de apoio e complemento á atención sanitaria. Ademais, todos os materiais elaboráronse con criterios de lectura fácil e en formatos multisoporte, para garantir a accesibilidade de toda a poboación.
