En marcha unha campaña virtual para afianzar a presenza do oso pardo na nosa terra
xoves, 6 de xuño do 2013
A defensa do noso medio
ambiente faise forte na Rede. En certa maneira, a Internet é o elo
da cadea que se precisaba: ese que cingue unhas cadeas con outras até
o inimaxinábel. Ás
actividades recentes a prol de conservar a nosa terra contra a
megaminaría ou a
loita contra o maltrato aos nosos cabalos salvaxes (ámbalas
iniciativas aínda en curso, acadando importantes apoios na
comunidade internauta mundial), cómpre engadir a
que esixía o cese de fumigacións con pesticidas, que acadou
grandes logros. Agora, temos
outra mobilización en liña a prol do oso pardo, o urso, en tempos con
importante presenza na nosa terra e agora situado nunha bifurcación
de camiños: por unha banda camiño da súa desaparición definitiva
das nosas comarcas do interior e pola outra o camiño dun
afianzamento que pasa, de xeito inevitábel, polo apoio firme do
Goberno galego. A buscar este apoio (e tamén o dos internautas),
precisamente, diríxese a nova campaña da que estamos a falar.
A iniciativa, que se está
levar a cabo en Change.org,
xunta colectivos ecoloxistas, grupos de Internet e veciños das
comarcas de Courel e Ancares, en Lugo. A través desta fronte común,
están a reunir sinaturas en liña para forzar á Xunta a unha cambio
de rumbo cara a unha meirande protección do noso urso (oso pardo),
evitando que aquela ceda ás presións dos cazadores, das madeireiras
e de políticos de diverso corte político que levan anos poñendo
trabas ás iniciativas para coidar o asentamento e reprodución da
devandita especie. O plan que se lle pide ao Goberno galego
outorgaría até 60.000 hectáreas de zona protexida para o urzo,
limitando a batidas de caza, retirada de lazos e axudas aos
gandeiros. Os impulsores da campaña enviáronlle unha carta ao
presidente da Xunta e o conselleiro de Medio ambiente para que
manteñan ese plan e manteñen aberta a recollida de sinaturas a
través de Change.org.
Mentres se redactaba este artigo xa se recolleran 1.500 apoios,
precisándose 3.500 máis.