Engel achega o sistema operativo Android 2.3 ao televisor
luns, 2 de abril do 2012
O fabricante de electrónica de consumo Engel vén de
presentar un novo e atractivo dispositivos para que facilita a achega do
sistema operativo Android ao noso televisor, o
EngelDroid, que no seu modelo EN1007, que cunhas medidas de 105 x 100 x 20,7
milÃmetros presume de ser o receptor Android máis cativo do mercado. Este
dispositivo funciona con Android 2.3, conta con Wi-Fi, saÃda HDMI, 2 portos
USB, lector de tarxetas SD e soporte de Adobe Flash, permite reproducir contidos
multimedia, navegar pola web, xogar e mesmo acceder a múltiples contidos
multimedia que atopemos pola Rede, destacando especialmente polos seus mandos a
distancia: inclúe un mando Twist, que inclúe por un lado un mando de distancia
tradicional e polo outro un teclado QWERTY para facilitar o uso da web; e tamén
conta cun mando Motion con control de movemento, o que resulta de utilidade
tanto para xogar como para desprazar o cursor pola pantalla coma se fose un
rato informático.
Este interesante trebello chegará
ás tendas a un prezo de 149 euros.
VÃdeo de presentación do novo dispositivo de Engel
- O EngelDroid EN1007 conta con 2 portos USB, lector de tarxetas SD, Wi-Fi e saÃda HDMI cun tamaño moi reducido