Epic Games denuncia que Apple impide a creación da súa tenda de aplicacións para iOS
mércores, 6 de marzo do 2024
O efecto disuasorio que deberÃa ter causado en Apple a multa de 1.840 millóns de euros que vén de imporlle a Comisión Europea non parece producirse, pois xusto cando entra en aplicación a Lei de Mercados Dixitais que obriga a que a compañÃa da mazá facilite a apertura de tendas de terceiros no iPhone, Apple suspende a recentemente reactivada conta de desenvolvedor de Epic Games Sweden AB coa que Epic Games pretendÃa levar a iOS tanto a Epic Games Store como o xogo Fortnite para Europa.
Estamos ante un incumprimento directo da lexislación europea, xa que suspenden a conta a través da que se publican aplicacións na App Store impide o lanzamento dun competidor, facéndoo inviable, e un claro atentado á competencia que están obrigados a permitir por lei.
Aseguran que a suspensión da conta de desenvolvedor de Epic Games vén provocada por un chÃo do máximo responsable da compañÃa, Tim Sweeney, quen critica abertamente as polÃticas que está a impor Apple, acusándoos de abuso de posición dominante e indicando outras malas prácticas que a compañÃa está a realizar no seu retorcido xeito de adaptarse á nova lexislación europea. Ou sexa, que Apple castiga a Epic Games por denunciar o que consideran que son prácticas inxustas e ilegais por parte da compañÃa da mazá, o que deberÃa provocar unha reacción rápida das autoridades europeas, sen ter que agardar unha chea de anos como aconteceu coa clarÃsima causa presentada por Spotify, que supuxo a sanción imposta estes dÃas.
Dende Epic Games apuntan que a Lei de Mercados Dixitais existe para eliminar desequilibrios de poder como o que Apple está a ostentar, e o comportamento actual de Apple está a confirmar a necesidade de lexislacións deste tipo, que a compañÃa de Cupertino resÃstese a cumprir.