Especialistas en accesibilidade TIC reuniranse en León nun encontro internacional
xoves, 17 de xuño do 2010

- Presentación do evento a cargo dos membros de CENTAC
As novas tecnoloxÃas da información, cómpre non esquecelo, tamén son un negocio, e como tal, rastréxanse nelas todo tipo de intereses encamiñados a acadar as máximas porcentaxes de beneficio. Polo tanto, hai nelas unha tendencia a atender ás necesidades das máis amplas áreas de mercado, deixándose de lado o que precisan e demandan as teoricamente máis pequenas. Isto percÃbese ben nas opcións de accesibilidade das redes e dos equipos informáticos: feitos na súa maiorÃa para quen cumpre cunha especie de estandar de mobilidade, visión ou capacidade auditiva. Loitar contra isto e amosar que tamén pode haber medre económico atendendo a todo tipo de colectivos é un dos grandes obxectivos do I Congreso Nacional de Novas TecnoloxÃas para a Discapacidade, que se celebra no vindeiro mes de novembro no Auditorio da Cidade de León.
O encontro, que está organizado polo Centro Nacional de TecnoloxÃas da Accesibilidade (CENTAC), vai dirixido –máis polo miúdo- a espallar e divulgar as posibilidades que as novas tecnoloxÃas ofrecen para mellorar a calidade de vida das persoas con diversidades funcionais ou das persoas maiores, un mercado potencial que en España acada a cifra de catro millóns de persoas. O Congreso, que está concibido para acoller a máis de cincocentos asistentes do eido internacional (entre expertos de accesibilidade, empresarios do sector, centros de investigación e administracións públicas), servirá entre outras cousas para amosar as novas ferramentas que as empresas e os centros de investigación desenvolveron nos últimos tempos en materia de fornecemento da accesibilidade.
