«Estamos a ser referentes en moitas cousas do mundo da tecnoloxÃa» – Gustavo Gómez, socio director de BahÃa Software
venres, 21 de decembro do 2018
Alá polo ano 1999
nacÃa esta empresa tecnolóxica galega para dar solucións de consultorÃa
especializada ao servizo sanitario. Case 20 anos despois, BahÃa Software non só
sigue prestando a indubidable aptitude do seu capital humano no sector da saúde
senón que espallou o seu magnÃfico traballo a outras ramas. Gustavo Gómez,
socio director da compañÃa, cóntanos os distintos proxectos que están levando a
cabo e a filosofÃa de traballo de BahÃa.
- BahÃa Software, tecnoloxÃa por e para Galicia e máis
pero, como nace esta empresa?
- Nace dun grupo de persoas que estaba traballando
en Hewlett-Packard implantando aplicación hospitalarias para o SERGAS,
basicamente para a xestión dos hospitais galegos. Durante tres anos estivemos
recorrendo todos os seus centros actualizando o seu sistema informático. No
momento que vimos que o proxecto se estaba esgotando decidimos crear una
empresa TIC co obxectivo de dar servizo de mantemento e desenvolvemento de
software. Vimos esa posibilidade e abrÃronnos as portas para probarnos e viron
que, incluso, funcionabamos igual ou mellor. A partires de aquà comezamos a
manter aplicacións de software de hospitais e despois xurdiron tamén
oportunidades de desenvolver software ao redor do mundo sanitario. A partires
de aquà comezamos a medrar con máis oportunidades non só en Galicia, xa que
comezamos a ir a outras comunidades. Máis adiante comprobamos que non só na
sanidade podÃamos estar facendo cousas de tecnoloxÃa, tamén en outros ámbitos
ou outras consellerÃas dun goberno autonómico ou incluso, de empresas privadas.
- BahÃa Software é, sen dúbidas, unha das empresas
tecnolóxicas galegas de presenza máis recorrente no Informe Ardán, que é o que
compendia cada ano o máis sobranceiro do noso tecido produtivo innovador. BahÃa
acada importantes postos en tres clasificacións do informe: no de empresas
innovadoras, no de empresas ben xestionadas e no de empresas con meirande
potencial de espallamento fóra da nosa terra. Que significa para vós este
recoñecemento? Canto traballo houbo detrás para acadar este tipo de
distincións?
- O informe Ardán: a traxectoria da empresa
segundo as contas do rexistro mercantil. As contas son números frÃos, non di
exactamente o que fas pero si que é certo que amosa unha traxectoria. A nosa é
de crecemento, quizais non explosivo, pero si nun crecemento estable xa que
sempre previmos a rendibilidade na empresa, que os proxectos dean beneficios e
fidelizar aos clientes para manter uns produtos rendibles. Todo ese traballo é
de todo o equipo. Intentar que todo saia ben, que o cliente estea contento, que
o proxecto sexa rendible de cara todo o mundo que participa, un win-win, que gañen todos. Ese é o noso
tipo de traballo e ó final ao cabo dos anos vese reflexado nese Informe Ardán.
- A vosa semella unha empresa especialmente implicada en
acontecementos tecnolóxicos de divulgación, emprendemento ou confraternidade.
Por exemplo, a Noite da EnxeñarÃa en Informática que organiza o CPEIG (que
apoiades dende hai unha década) ou as Xornadas Técnicas de Informática
Sanitaria. BahÃa quere estar onde se compartan recursos e se abran novos
vieiros de uso e aplicación para as novas tecnoloxÃas?
- Apostamos polo sector e pola carreira, e nese senso o Colexio está
facendo un bo traballo. Interésanos divulgar, compartir e aprender de outras
experiencias de empresas ou de administracións públicas. Estamos encantados de todo o que sexa
participar en foros colaborativos. Colaboramos coa Universidade de Santiago, coa de A Coruña, coa de Ourense firmamos unha cátedra o ano pasado. Asà que por
esta vÃa tamén estamos apostando.
- AÃnda que realizades outro tipo de traballos a vosa
especialización ou o voso forte é a consultorÃa tecnolóxica do sector
sanitario. Que avances podemos atopar neste ámbito?
- Desde que nós empezamos, que eran aplicacións
moi de xestión, de mover un dato ou dar citas ata hoxe en dÃa, que tes sistemas
de videovixilancia de pacientes, de telemonitorización, aplicacións móbiles
onde podes acceder a todo o teu historial clÃnico ou intelixencia artificial
aplicando á imaxe médica aos datos do historial médico. É máis, creo que non
ten fin porque o que se segue investigando agora mesmo que é o mundo do
algoritmo o que vai a prover é dun montón de información que nos vai permitir
sacar patróns, adiantarnos ao acontecementos, sacar información preditiva tanto
en enfermidades como en cousas sinxelas da mesma vida.
Sen dúbida un
dos vosos grandes proxectos TIC é uForest, que unha plataforma que tira
proveito de drons e de software especÃfico para salvagardar o futuro dos nosos
bosques. Contádenos como funciona uForest e até onde pode chegar nese cometido
seu de protexer as forestas e, en termos máis extensos, o medio ambiente.
- O seu director de proxecto é Diego del Olmo. Basicamente a
plataforma de uForest é un servizo que o que pretende é capturar datos
sobrevoando unha zona cun vehÃculo aéreo non tripulado (UAV). Ese UAV levará os
datos a unha plataforma tecnolóxica e con esa información faremos unha serie de
algoritmos para calcular o estado fitosanitario das especies, Ãndices de
incendios ou cartografiado de especies. De momento uForest ten eses casos de
uso, pero a filosofÃa vai moito máis alá, por exemplo no ámbito do
cartografiado.
- En que punto de desenvolvemento se atopa a dÃa de hoxe
uForest? Hai novidades ao respecto sobre a súa evolución e sobre o seu
espallamento?
- Estamos nunha fase case de probas, a parte tecnolóxica xa está.
Hai un UAV de probas pero estase
finalizando outro moito máis innovador. Xa conseguimos facer voos, procesar
datos e ver o estado de moitas especies. Está nun estado moi avanzado e xa
acadou o Premio TIC Galicia á Innovación neste ano 2018, sen dúbida un
recoñecemento a este traballo.
- Podedes adiantarnos algo sobre algún proxecto destacable
no que esteades a traballar e que, como uForest e outras iniciativas, teña
capacidade para marcar un antes e un despois na evolución tecnolóxica da nosa
terra?
- A maiorÃa dos proxectos nos que estamos en fase
I+D agora mesmo son o que son: innovación. Non hai nada igual no mercado. O que
estamos levando a cabo estase probando e estarán completados algúns nun 30 por
cento outros nun 60 ou 70 por cento. É a única maneira de diferenciarse hoxe en
dÃa, cun produto innovador. O ámbito sanitario é polo que máis apostamos pero
preferimos manter o segredo por non adiantar algo que pode non saÃr para non
crear expectativas.
Como vedes o panorama tecnolóxico en Galicia? Podemos chegar a ser
referentes?
- Eu penso que xa somos referentes. Cando vas a congresos nacionais e
internacionais xa recoñecen o noso traballo. Tanto nós coma outras múltiples
empresas galegas estamos referentes en moitas cousas do mundo da tecnoloxÃa.
Hoxe en dÃa Galicia ten un potencial brutal neste sector sobre todo porque ten
tres universidades potentes. O único que nos fai falta é ter máis profesionais
TIC e, sobre todo, tituladas femininas.