Estréase este venres o filme Copito de Neve coa súa boa ración de animación galega
venres, 23 de decembro do 2011
Estes dÃas quen queira ir ao cinema e ver
filmes que non sexan de animación, teno cru. Con todo, se hai que ir, vaise. E
se o filme en cuestión foi feito con mans galegas, pois aÃnda mellor. É o caso
de Copito de Neve, a nova
achega de Filmax (o selo do galego Julio Fernández), baseada no célebre gorila
albino do Zoo de Barcelona, que chega este venres ás carteleiras de todo o
territorio estatal coa súa particular mestura de imaxes de Ãndole real con
outras feitas por computador.
De feito, aÃ, nesta combinación de texturas e
técnicas, é onde reside unha das grandes complexidades e, tamén dos maiores
retos da fita, un traballo de ensamblaxe (inserindo 1.000 planos de animación
dixital no miolo de oito meses de rodaxe convencional) que segundo informa o
seu director, Andrés Schaer, foi tremendamente laborioso.
O filme, probablemente un dos grandes
acontecementos da animación española, obtivo a meirande parte do seu celme
animado dos estudos que Filmax ten na Coruña, dende o que participaron arredor
de cen profesionais.
Segundo se conta en Galicia
Hoxe, preto de 200 cines de toda España recibirán dende este venres a Copito de Neve, en versións en castelán,
en euskera, catalán e galego —con cinco copias. Asemade, a cantante Gisella,
responsable da voz nos temas musicais da pelÃcula, interpreta os temas en
galego e catalán nas súas respectivas copias.
