Euro-Par 2017 xuntará en Compostela a expertos internacionais en computación paralela e distribuÃda
venres, 25 de agosto do 2017
A vindeira semana xuntaranse
en Santiago de Compostela expertos de todo o mundo no ámbito da computación
de altas prestacións para presentar e debater os últimos avances
cientÃfico-técnicos en computación paralela e distribuÃda a nivel global
durante o Congreso
Internacional Euro-Par 2017, un dos foros de maior impacto do mundo e o
máis importante de cuantos celébranse no continente europeo.
O evento na súa 23ª edición chegará a Galicia da man
do CiTIUS (Centro
Singular de Investigación en TecnoloxÃas da Información da Universidade de
Santiago de Compostela), organizado polos investigadores adscritos ao
centro Francisco Fernández Rivera, Tomás Fernández Pena, José C. Cabaleiro y Dora Blanco, membros do Grupo de Arquitectura de
Computadores (GAC).
Euro-Par 2017 tratará distintos aspectos relacionados
co mundo da computación paralela, desde cuestións teóricas sobre os
supercomputadores, os procesadores de última xeración, as tarxetas gráficas ou
as redes de interconexión, ata a programación de aplicacións destinadas a dar
resposta a problemas de alta demanda computacional. En particular farase
especial énfase en temas de máxima actualidade, como o paralelismo en sistemas
multinúcleo, a computación na nube, a computación Big Data ou o
consumo enerxético dos grandes supercomputadores.
O congreso contará coa presenza, entre outros, de tres
figuras do paralelismo a nivel internacional David
Padua, da Universidade de Illinois (EEUU); Ian
Foster, da Universidade de Chicago (EEUU); e Jürgen Döllner, da Universidade de Postdam (Alemania). Polo
que atinxe á industria, en Euro-Par 2017 participan tamén compañÃas
tecnolóxicas de prestixio, como Intel ou HP.
Ao longo da conferencia presentaranse 50 traballos,
escollidos de entre 177 propostas recibidas de grupos de investigación de todo
o mundo. Por outra banda, ao abeiro do congreso celebraranse ata 10 obradoiros de
temáticas moi especÃficas, sobre as que se incidirá especialmente. Unha das
principais novidades respecto a edicións pasadas será o concurso de
programación paralela, dirixido aos novos asistentes ao congreso e desenvolvida
nos computadores do Centro
de Supercomputación de Galicia (CESGA).
A sesión inaugural terá lugar o vindeiro mércores 30 de
agosto ás 8:30, e a ela asistirán o alcalde de Santiago de Compostela, Martiño
Noriega, o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño, e o
director do Centro de Supercomputación de Galicia, Javier GarcÃa TobÃo.