Euskaltel ampliará a súa cobertura de fibra nun mÃnimo de 1,8 millóns de fogares
martes, 7 de xullo do 2020
O
Grupo
Euskaltel, do que forma parte da operadora galega R, asinou un acordo
con Orange que permitirá ao grupo ampliar cobertura a nivel estatal.
Máis polo miúdo, permitiralle acceder en modalidade bistream a
un mÃnimo de 1,8 millóns de fogares dos 3 millóns de domicilios
incluÃdos nos plans adicionais de despregue de fibra a realizar por
Orange nos próximos anos. Este subministro de rede estará concluÃdo
antes de que remate 2023.
O
pasado 22 de abril de 2020, nos seus resultados trimestrais, o grupo
anunciou que contaba xa cunha cobertura a nivel nacional de 13,5
millóns de fogares, incluÃndo a súa rede propia, asà como o
acceso a redes de terceiros (entre eles, Orange). Deste xeito,
Euskaltel cumpre co obxectivo de dispor dun mercado potencial de 18
millóns de fogares a finais do segundo trimestre de 2020. A alianza
presentada esta semana é adicional aos acordos de fibra e móbil xa
asinados entre o Grupo Euskaltel e Orange.