Expiran as patentes relativas ao formato MP3
luns, 15 de maio do 2017

- O Rio PMP300 foi un dos primeiros reprodutores portátiles de MP3, contribuÃndo á popularización deste formato
AÃnda que o uso do formato de compresión de audio MP3 sempre
foi de balde para o usuario final, as compañÃas que fabricaban trebellos con
soporte nativo deste formato, dende reprodutores de MP3 puros ata incluso
reprodutores de DVD que permitÃan escoitar música, tiñan que pagar unha licenza
para poder empregar legalmente o formato, o que chegou a xerar bastantes
millóns de euros nas dúas últimas décadas, pero este negocio chega á súa fin, pois
na Unión Europa as patentes básicas do MP3 expiraron en 2012 e nos EE.UU. veñen
de expirar as tres patentes que quedaban en vigor.
Ante esta situación dende Fraunhofer IIS, o principal beneficiario do xogo de
licenzas, publicaron unha páxina web na
que fan un repaso da historia do MP3, dando a entender interesadamente que
o remate do negocio fará que deixen
de distribuÃrse codificadores e descodificadores de MP3, por mor da existencia
de alternativas como o formato AAC (tamén promovido por Fraunhofer), cando a
realidade é ben distinta: agora xa non hai patentes protexendo o MP3, o que
facilita o seu uso para fabricantes e desenvolvedores, que poden empregar esta
compresión sonora sen preocuparse por ter que pagar ao Instituto Fraunhofer
unha licenza por cada unidade de produto vendida.
